EDITORIAL

O PARTIDO DO SÉCULO BARÇA-MADRID

Chegou o día!! O partido do século!! Volta o BARÇA-MADRID Unha vez mais, escoitamos ós medios de comunicación orais e visuais e ollamos a prensa que non falan doutra cousa. Ata aparece un novo invitado GOL TV que vai ofrecer 11 horas ininterrumpidas co clásico.
Xa non é un duelo entre dous clubes. Agora é unha loita nos banquillos dos estilos dos adestradores Pep Guardiola e José Mourinho, ou entre os que din dous mellores xogadores do planeta Messi e Cristiano; ou dos mellores pasadores Xavi Hernández e Xabi Alonso; ou as defensas, etc.
E fálase das apostas, das frases que din uns e outros, pero sobor de todo os medios da capital que queren potenciar ó seu equipo, como todolos anos por certo, de que van a gañar, a arrollar, coa velocidade, coa presión do Barça por estar ante Mourinho, en fin. Agora Cristiano é mellor que Messi, fai dous anos era Robben, e o ano que ven será outro.
O noso equipo non se vai amedrentar, nin vai pensar en quén sexa o adestrador do rival. Xogan 11 contra 11 e un por un son mellores. Hai 8 campeós do mundo. E este é un partido que pode decidir o título de Liga, porque o resto dos equipos son moi inferiores.
Un derradeiro apunte: fai 4 anos que o primeiro partido entre os dous grandes se xoga en Barcelona. Casualidade do sorteo ou mano negra?
En fin, FORZA BARÇA!! A gañar.

REUNION COORDINADORA DIA 28

Estimado Presidente e amigo:


Por medio da presente convócote á reunión a celebrar o vindeiro día Sábado 28 de Marzo no Local Social da Peña Barcelonista de Santiago (Café Bar Restaurante “A Estrada”, Rúa A Estrada núm. 56, baixo, Santiago de Compostela) ás 4 (16:00) da tarde, coa seguinte orde do día:


1º) Criterio de reparto das Entradas da Final da Copa do Rei (e outras posibles).


2º) Organización do Forum de Peñas Barcelonistas Galegas. Ideas e opinions sobre o contido, forma e a posible necesidade de cambios.


3º) Rogos e preguntas.


Dada a importancia dos temas a tratar agardamos contar coa túa presenza ou de algún directivo da Peña.


Se alguén ten a idea de ir xantar, poderá contactar comigo no telf. 607 367 146 e poderemos facelo xuntos. Eu estarei en Santiago a partir da 1 da tarde.


Recibe unha forte aperta Barcelonista.


Saúdos.


Salvador Cerviño.



Nota: Reunirémonos en Santiago por ser a cidade mais céntrica e mellor comunicada de Galicia, para acurtar os desprazamentos, e faise para todas as Peñas Barcelonistas Galegas, estean ou non na Coordinadora, pois son temas que nos afectan a todos, á fin únenos o amor a un club e unhas cores, que é do que se trata, ás veces querer é poder e “un pouco de todos fai un moito”. Vémonos en Santiago, sen rodeos, sen desculpas, por que somos do Barça e “tots units fem força”.

O BARÇA CHEGA ATA OS JIBAROS EN BRASIL

ANIVERSARIO PEÑA DE MARIN

Como ven sendo costume cada ano por estas datas a nosa Peña celebra a súa fundación cunha cea-baile, a festa do XIV Aniversario será o Sábado 28/03/09 a partires das 22 horas, no Club de Mar de Aguete en Marín, o prezo do menú será de 42€ por persoa para os socios incluíndo;


Ø Centola da Ría cocida o loureiro.

Ø Vieiras a prancha con espuma de pataca e Módena.

Ø Ameixas á mariñeira.

Ø Lubina á Bilbaína con patacas cocidas.

Ø Tarta do Barça

Ø Augas, Refrescos e Cervexas.

Ø Viños Alvariño “Miudiño” e Rioxa Crianza “Marques de Arienzo”.

Ø Cava, Café e Chupitos.



Nota: Se quixera acudir alguén que non fose Peñista pagaría 55€.



A data límite para inscribirse será o Luns 23/03/09, o pago farase o face-la reserva. Poderédelo facer en Caixanova na conta Nº 2080 0430 34 0040123622, ou en Banesto na conta Nº 0030 6205 83 0293592273, sempre facendo constar a Peña que fai o pago e número de asistentes.



Como todos sabemos os atrancos que causa a tardanza en saber cantos imos ser, espero poder contar coa vosa colaboración para que o fagades canto antes.



Nota: Se alguén non quixera Lubina pode cambiala por Entrecot de Tenreira, falando co Presidente no momento de reservar (Salvador Cerviño, Telf. 607 367 146).

NOTICIAS

  • O VINDEIRO DIA 27 DE XUÑO, SÁBADO, A PEÑA BARCELONISTA DO FISTERRA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO, E VAN ..., CUNHA FESTA NA PRAIA DO SARDIÑEIRO, ONDE ADEMAIS DO BO AMBIENTE CREADO POLO SEU PRESIDENTE JOSE VELAY E POLOS DIRECTIVOS, PARTICULARMENTE CARLOS, ARMARÁN UN FESTORRO A BASE DE SARDIÑAS, CHURRASCO E OUTRAS VIANDAS, BON VIÑO DO RIBEIRO E LOGO BAILE TODA A TARDE. DESEXAMOS OS QUE TEÑAN A SORTE DE ACUDIR A ESTA FESTA QUE O PASEN MOI BEN.
  • DIMITE O PRESIDENTE DA PEÑA BARÇA TUI MANUEL VAZQUEZ POR RAZONS PERSONAIS. DENDE ESTAS PAXINAS QUEREMOS AGRADECERLLE A SUA DEDICACIÓN TANTO A PEÑA COMO A COORDINADORA E DESEXARLLE MOITOS EXITOS PERSONAIS E PROFESIONAIS NA SUA ANDADURA. HASTA SEMPRE MANUEL.
  • Impulsada por el reconocido periodista DEMETRIO GONZALEZ MARTIN nace una web exclusivamente confeccionada y desarrollada para todas las Peñas barcelonistas del mundo. En ella pueden publicarse las noticias de los actos que se programen por las Peñas y por el FCBarcelona, con noticias también puntuales del Club, de sus partidos, de sus fichajes, etc. Tiene varias secciones destacando entre ellas las de Colaboraciones que, en el futuro, permitirá diseñar el camino de las peñas. La web es http://www.penyesblaugrana.com y en este blog se ha creado un vínculo para acudir directamente a ella. A visitarla y disfrutarla.
  • A PEÑA BARCELONISTA ARESANA, da localidade de Ares (A Coruña) será a organizadora da XX XUNTANZA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS no ano 2010. .
  • A PEÑA BARCELONISTA DE O GROVE AGRADECE A TODAS AS PEÑAS BARCELONISTAS A AXUDA QUE LLE PODAN OFRECER PARA PALIAR OS DANOS SUFRIDOS NO LOCAL SOCIAL POLAS INUNDACIÓNS RECENTES. A CONTA DE AXUDA É A SEGUINTE 2100 1838 58 0200009035. AGARDAMOS QUE TODAS AS PEÑAS COLABOREN A REFLOTAR OS AMIGOS DE O GROVE.
  • TELEFONO DE ATENCION OS BARCELONISTAS 902 1899 00
Powered By Blogger

COORDINADORA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS