EDITORIAL
O PARTIDO DO SÉCULO BARÇA-MADRID
Chegou o día!! O partido do século!! Volta o BARÇA-MADRID Unha vez mais, escoitamos ós medios de comunicación orais e visuais e ollamos a prensa que non falan doutra cousa. Ata aparece un novo invitado GOL TV que vai ofrecer 11 horas ininterrumpidas co clásico.
Xa non é un duelo entre dous clubes. Agora é unha loita nos banquillos dos estilos dos adestradores Pep Guardiola e José Mourinho, ou entre os que din dous mellores xogadores do planeta Messi e Cristiano; ou dos mellores pasadores Xavi Hernández e Xabi Alonso; ou as defensas, etc.
E fálase das apostas, das frases que din uns e outros, pero sobor de todo os medios da capital que queren potenciar ó seu equipo, como todolos anos por certo, de que van a gañar, a arrollar, coa velocidade, coa presión do Barça por estar ante Mourinho, en fin. Agora Cristiano é mellor que Messi, fai dous anos era Robben, e o ano que ven será outro.
O noso equipo non se vai amedrentar, nin vai pensar en quén sexa o adestrador do rival. Xogan 11 contra 11 e un por un son mellores. Hai 8 campeós do mundo. E este é un partido que pode decidir o título de Liga, porque o resto dos equipos son moi inferiores.
Un derradeiro apunte: fai 4 anos que o primeiro partido entre os dous grandes se xoga en Barcelona. Casualidade do sorteo ou mano negra?
En fin, FORZA BARÇA!! A gañar.