EDITORIAL

O PARTIDO DO SÉCULO BARÇA-MADRID

Chegou o día!! O partido do século!! Volta o BARÇA-MADRID Unha vez mais, escoitamos ós medios de comunicación orais e visuais e ollamos a prensa que non falan doutra cousa. Ata aparece un novo invitado GOL TV que vai ofrecer 11 horas ininterrumpidas co clásico.
Xa non é un duelo entre dous clubes. Agora é unha loita nos banquillos dos estilos dos adestradores Pep Guardiola e José Mourinho, ou entre os que din dous mellores xogadores do planeta Messi e Cristiano; ou dos mellores pasadores Xavi Hernández e Xabi Alonso; ou as defensas, etc.
E fálase das apostas, das frases que din uns e outros, pero sobor de todo os medios da capital que queren potenciar ó seu equipo, como todolos anos por certo, de que van a gañar, a arrollar, coa velocidade, coa presión do Barça por estar ante Mourinho, en fin. Agora Cristiano é mellor que Messi, fai dous anos era Robben, e o ano que ven será outro.
O noso equipo non se vai amedrentar, nin vai pensar en quén sexa o adestrador do rival. Xogan 11 contra 11 e un por un son mellores. Hai 8 campeós do mundo. E este é un partido que pode decidir o título de Liga, porque o resto dos equipos son moi inferiores.
Un derradeiro apunte: fai 4 anos que o primeiro partido entre os dous grandes se xoga en Barcelona. Casualidade do sorteo ou mano negra?
En fin, FORZA BARÇA!! A gañar.

XX XUNTANZA EN ARES. PROGRAMA PROVISIONAL

Sábado 29 de Maio de 2010

--Recibimento e Benvida as autoridades, directiva do F.C. Barcelona e presidentes
das Peñas asistentes. Pendente de horario. Entregaranse as credenciais as peñas asistentes.
--Asistencia ó campo de Fútbol do Numancia de Ares, sempre e cando acuda algún
ex-xogador do F.C. Barcelona para facer algunha actividade coas categorías inferiores. Pendente de horario.
--Charla Coloquio.Dependendo dos horarios, faríase antes da cea.
--Cea de Confraternidade. As 22h, Pendente de confirmar local.
--Premios Barça Galicia 2010. Entregaranse despois da cea.
--Baile. Comezará ó finalizar a entrega dos premios.

Domingo 30 de Maio de 2010

--10.00h Entrega de credenciais no Parque Rosalía de Castro ás Peñas que non asistiron a cea.
--10:30h Desfile das Peñas ata o Concello de Ares acompañados con gaiteiros.
--10:45h Recepción no Concello asistirán dous membros de cada peña. O resto dos peñistas poderán
disfrutar da actuación dos gaiteiros e tomar algo nos bares cercanos ó Concello. Ó remate da recepción o Sr
Alcalde dará un discurso de benvida a todos os peñistas asistentes dende os balcóns do Concello.
--11:30h Desfile das Peñas hacia o porto deportivo onde estarán esperando os autobuses das
peñas.
--12:00h Saída nos autocares hacia o Monasterio de Sta Catalina con visita guiada a
Bailadora, degustación gratuíta de Mexillóns, viño do Ribeiro e cervexa Éstrella Galicia. Durante a
degustación actuará a rondalla “Os Trobadores” e a banda de gaitas.
--14:00H Xantar de Irmandade no Pavillón de deportes. Ó rematar o xantar entregaranse as
placas ós homenaxeados pola Peña Aresana: Póstumo, o presidente fundador da Peña de Ares, a Marcelino
Martínez Cao (ex-xogador do Zaragoza e da selección española) como xogador de fútbol destacado do
Concello de Ares . E nomearase socio de honor da Peña o Sr Alcalde de Ares D. Julio Iglesias .
Daráselle a palabra ós representantes do FC Barcelona e autoridades. Sortearanse distintos agasallos entre os
peñistas asistentes e presentarase a vindeira 21 Xuntanza pola Peña organizadora (PB A Pravia de Vilalba).
--Baile para disfrute de todos para rematar.

SANDRO ROSELL EN GALICIA

O ex Vicepresidente do FCBarcelona e precandidato as Eleccións que celebraránse o vindeiro 13 de Xuño, Sandro Rosell, xuntaráse coas Peñas Galegas o vindeiro 20 de Marzo. A reunión será na localidade de Ares (A Coruña), sede da Peña organizadora da XX Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas.
Polo momento non temos a hora da reunión, dependendo da disponibilidade de Sandro Rosell. O mais probable é que sexa pola mañán e despois compartiremos un xantar.

REUNION EN ARES





NOTICIAS

  • O VINDEIRO DIA 27 DE XUÑO, SÁBADO, A PEÑA BARCELONISTA DO FISTERRA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO, E VAN ..., CUNHA FESTA NA PRAIA DO SARDIÑEIRO, ONDE ADEMAIS DO BO AMBIENTE CREADO POLO SEU PRESIDENTE JOSE VELAY E POLOS DIRECTIVOS, PARTICULARMENTE CARLOS, ARMARÁN UN FESTORRO A BASE DE SARDIÑAS, CHURRASCO E OUTRAS VIANDAS, BON VIÑO DO RIBEIRO E LOGO BAILE TODA A TARDE. DESEXAMOS OS QUE TEÑAN A SORTE DE ACUDIR A ESTA FESTA QUE O PASEN MOI BEN.
  • DIMITE O PRESIDENTE DA PEÑA BARÇA TUI MANUEL VAZQUEZ POR RAZONS PERSONAIS. DENDE ESTAS PAXINAS QUEREMOS AGRADECERLLE A SUA DEDICACIÓN TANTO A PEÑA COMO A COORDINADORA E DESEXARLLE MOITOS EXITOS PERSONAIS E PROFESIONAIS NA SUA ANDADURA. HASTA SEMPRE MANUEL.
  • Impulsada por el reconocido periodista DEMETRIO GONZALEZ MARTIN nace una web exclusivamente confeccionada y desarrollada para todas las Peñas barcelonistas del mundo. En ella pueden publicarse las noticias de los actos que se programen por las Peñas y por el FCBarcelona, con noticias también puntuales del Club, de sus partidos, de sus fichajes, etc. Tiene varias secciones destacando entre ellas las de Colaboraciones que, en el futuro, permitirá diseñar el camino de las peñas. La web es http://www.penyesblaugrana.com y en este blog se ha creado un vínculo para acudir directamente a ella. A visitarla y disfrutarla.
  • A PEÑA BARCELONISTA ARESANA, da localidade de Ares (A Coruña) será a organizadora da XX XUNTANZA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS no ano 2010. .
  • A PEÑA BARCELONISTA DE O GROVE AGRADECE A TODAS AS PEÑAS BARCELONISTAS A AXUDA QUE LLE PODAN OFRECER PARA PALIAR OS DANOS SUFRIDOS NO LOCAL SOCIAL POLAS INUNDACIÓNS RECENTES. A CONTA DE AXUDA É A SEGUINTE 2100 1838 58 0200009035. AGARDAMOS QUE TODAS AS PEÑAS COLABOREN A REFLOTAR OS AMIGOS DE O GROVE.
  • TELEFONO DE ATENCION OS BARCELONISTAS 902 1899 00
Powered By Blogger

COORDINADORA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS