EDITORIAL

O PARTIDO DO SÉCULO BARÇA-MADRID

Chegou o día!! O partido do século!! Volta o BARÇA-MADRID Unha vez mais, escoitamos ós medios de comunicación orais e visuais e ollamos a prensa que non falan doutra cousa. Ata aparece un novo invitado GOL TV que vai ofrecer 11 horas ininterrumpidas co clásico.
Xa non é un duelo entre dous clubes. Agora é unha loita nos banquillos dos estilos dos adestradores Pep Guardiola e José Mourinho, ou entre os que din dous mellores xogadores do planeta Messi e Cristiano; ou dos mellores pasadores Xavi Hernández e Xabi Alonso; ou as defensas, etc.
E fálase das apostas, das frases que din uns e outros, pero sobor de todo os medios da capital que queren potenciar ó seu equipo, como todolos anos por certo, de que van a gañar, a arrollar, coa velocidade, coa presión do Barça por estar ante Mourinho, en fin. Agora Cristiano é mellor que Messi, fai dous anos era Robben, e o ano que ven será outro.
O noso equipo non se vai amedrentar, nin vai pensar en quén sexa o adestrador do rival. Xogan 11 contra 11 e un por un son mellores. Hai 8 campeós do mundo. E este é un partido que pode decidir o título de Liga, porque o resto dos equipos son moi inferiores.
Un derradeiro apunte: fai 4 anos que o primeiro partido entre os dous grandes se xoga en Barcelona. Casualidade do sorteo ou mano negra?
En fin, FORZA BARÇA!! A gañar.

XIX ANIVERSARIO DA PEÑA BARCELONISTA DE MARIN.

Como ven sendo costume cada ano por estas datas a Peña Barcelonista de Marín celebra o seu aniversario cunha Cea-Baile. A festa do XIX Aniversario será o Sábado 19/04/14 a partires das 22 horas, no Restaurante Mochi en Pontevedra, o prezo do menú será de 30€ por persoa para os todos os peñistas que queiran acompañarnos incluíndo;

ØXamón ibérico
ØCroquetas
ØLangostinos en crocante de Millo
ØChipirons
ØEmpanada
ØRombitos de Tortilla
ØCóctel de Gambas
ØEntrecot de Tenreira con champiñons e Patacas panadeiras
ØTarta 19 Aniversario “Peña Barcelonista de Marín”
ØAugas, Refrescos e Cervexas.
ØViños Albariño e Rioxa Crianza.
ØCava, Café e Chupitos.
        
               Nota: Se quixera acudir alguén que non fose Peñista pagaría 45€.

A data límite para inscribirse será o Sábado 12/04/14, o pago farase no mesmo momento de face-la reserva. Poderédelo facer ingresando en:
NovaGaliciaBanco na conta Nº ES81  2080  5430  2230  4012  3620, ou no Santander na conta Nº ES28  0030  6205  8302  9359  2273, sempre facendo constar o socio que fai o pago e número de asistentes. Tamén pode pagarse na sede da Peña o luns 07 de Abril a partir das 20:00 horas ou en días de Partido.

X ANIVERSARIO P.B. VAL DE LEMOS

X Aniversario da PB Val de Lemos


21 de marzo

A estes actos do décimo aniversario asistirán Charly Rexach, Quique Costas, Josep María Fusté e Pau Vilanova. Tamén participará Lobo Carrasco, aínda que neste caso estamos pendentes de se ese día ten que comentar algún partido en Cuatro. 

Programa de actos 

As 19.30 horas, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, presidirá a recepción oficial da comitiva barcelonista na Casa do Concello de Monforte.
As 20.30 horas dará comenzo a conferencia na casa da cultura de Monforte titulada "Barcelonismo e Historia"
As 22.00 horas dará comenzo a cea oficial no Restaurante Don Manuel, na cidade de Monforte, cuio menú será o seguinte:

                 - Langostinos á plancha
                 - Vieiras
                 - Tenreira en salsa verde 
                 - Tarta especial blaugrana
                 - Viño de Amandi
                 - Cafés e licores

O prezo deste menú é de 25 euros, que os peñistas e afeccionados que queiran asistir a cea deberán abonar na seguinte conta de Caixa Rural: IBAN: ES2730700034806031126029. Deberán poñer o nome e de que peña veñen a hora de facer o abono na conta bancaria.

TODOS OS ASISTENTES A CEA RECIBIRÁN UN AGASALLO POR XENTILEZA DE MUNDO DEPORTIVO.

Pra se anotaren antes do día 18 de marzo (ese día incluido).



XXV ANIVERSARIO DA P.B. DO CARBALLIÑO

O vindeiro día 14 de xuño de 2013, a P.B. do Carballiño vai celebrar unha festa para conmemorar o seu XXV aniversario. Os actos, que coinciden co dia anterior á Xuntanza de P.B. en Ourense, consistirán en:

19,00 Recepción no Concello polo Alcalde e Concelleiro de Deportes.

20,00 Conferencia sobre El Barça, més que un club, a cargo de Demetrio González Martín, ex periodista especializado en Peñas do diario SPORT e actualmente colaborador do portal en internet www.penyesblaugrana.com

22,00 Cea de Gala no Restaurante O BARAZAL, en As Barandillas, Maside (a 5 km. do Carballiño), co menú pendente de concretar, pero consistirá principalmente en marisco, especialidade do mesmo.

Menú:
Centola, navallas, langostinos cocidos e á prancha
Vieiras ou almexas
Tenreira galega con guarnición e ensalada
Cañas fritas de Maside e tarta xelada
Adega: Ribeiro branco Extramundi, tinto mencía Alodio
Café, licores e cava.
Prezo: 50 Euros.
Reservas: Tlf. 625049290

NOTICIAS

  • O VINDEIRO DIA 27 DE XUÑO, SÁBADO, A PEÑA BARCELONISTA DO FISTERRA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO, E VAN ..., CUNHA FESTA NA PRAIA DO SARDIÑEIRO, ONDE ADEMAIS DO BO AMBIENTE CREADO POLO SEU PRESIDENTE JOSE VELAY E POLOS DIRECTIVOS, PARTICULARMENTE CARLOS, ARMARÁN UN FESTORRO A BASE DE SARDIÑAS, CHURRASCO E OUTRAS VIANDAS, BON VIÑO DO RIBEIRO E LOGO BAILE TODA A TARDE. DESEXAMOS OS QUE TEÑAN A SORTE DE ACUDIR A ESTA FESTA QUE O PASEN MOI BEN.
  • DIMITE O PRESIDENTE DA PEÑA BARÇA TUI MANUEL VAZQUEZ POR RAZONS PERSONAIS. DENDE ESTAS PAXINAS QUEREMOS AGRADECERLLE A SUA DEDICACIÓN TANTO A PEÑA COMO A COORDINADORA E DESEXARLLE MOITOS EXITOS PERSONAIS E PROFESIONAIS NA SUA ANDADURA. HASTA SEMPRE MANUEL.
  • Impulsada por el reconocido periodista DEMETRIO GONZALEZ MARTIN nace una web exclusivamente confeccionada y desarrollada para todas las Peñas barcelonistas del mundo. En ella pueden publicarse las noticias de los actos que se programen por las Peñas y por el FCBarcelona, con noticias también puntuales del Club, de sus partidos, de sus fichajes, etc. Tiene varias secciones destacando entre ellas las de Colaboraciones que, en el futuro, permitirá diseñar el camino de las peñas. La web es http://www.penyesblaugrana.com y en este blog se ha creado un vínculo para acudir directamente a ella. A visitarla y disfrutarla.
  • A PEÑA BARCELONISTA ARESANA, da localidade de Ares (A Coruña) será a organizadora da XX XUNTANZA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS no ano 2010. .
  • A PEÑA BARCELONISTA DE O GROVE AGRADECE A TODAS AS PEÑAS BARCELONISTAS A AXUDA QUE LLE PODAN OFRECER PARA PALIAR OS DANOS SUFRIDOS NO LOCAL SOCIAL POLAS INUNDACIÓNS RECENTES. A CONTA DE AXUDA É A SEGUINTE 2100 1838 58 0200009035. AGARDAMOS QUE TODAS AS PEÑAS COLABOREN A REFLOTAR OS AMIGOS DE O GROVE.
  • TELEFONO DE ATENCION OS BARCELONISTAS 902 1899 00
Powered By Blogger

COORDINADORA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS