EDITORIAL

O PARTIDO DO SÉCULO BARÇA-MADRID

Chegou o día!! O partido do século!! Volta o BARÇA-MADRID Unha vez mais, escoitamos ós medios de comunicación orais e visuais e ollamos a prensa que non falan doutra cousa. Ata aparece un novo invitado GOL TV que vai ofrecer 11 horas ininterrumpidas co clásico.
Xa non é un duelo entre dous clubes. Agora é unha loita nos banquillos dos estilos dos adestradores Pep Guardiola e José Mourinho, ou entre os que din dous mellores xogadores do planeta Messi e Cristiano; ou dos mellores pasadores Xavi Hernández e Xabi Alonso; ou as defensas, etc.
E fálase das apostas, das frases que din uns e outros, pero sobor de todo os medios da capital que queren potenciar ó seu equipo, como todolos anos por certo, de que van a gañar, a arrollar, coa velocidade, coa presión do Barça por estar ante Mourinho, en fin. Agora Cristiano é mellor que Messi, fai dous anos era Robben, e o ano que ven será outro.
O noso equipo non se vai amedrentar, nin vai pensar en quén sexa o adestrador do rival. Xogan 11 contra 11 e un por un son mellores. Hai 8 campeós do mundo. E este é un partido que pode decidir o título de Liga, porque o resto dos equipos son moi inferiores.
Un derradeiro apunte: fai 4 anos que o primeiro partido entre os dous grandes se xoga en Barcelona. Casualidade do sorteo ou mano negra?
En fin, FORZA BARÇA!! A gañar.

SANDRO ROSELL EN GALICIA (2)





1 comentario:

Xosé Francisco de Castro dijo...

O pasado día 20 de Marzo pasará a historia do barcelonismo galego por ter acollido ao primeiro pre-candidato a Presidencia do FCBarcelona, nunha entrañable reunión celebrada en Ares (A Coruña) auspiciada pola Peña Barcelonista de esta localidade en unión da Coordinadora de Peñas Barcelonistas Galegas e o Delegado do Consell Consultiu de Peñas, Salvador Cerviño Juncal.
Os actos consistiron nunha reunión informativa celebrada no Auditorio municipal de Ares, completamente ateigado de peñistas das catro provincias galegas, na que interviron o Delegado Salvador Cerviño, o Alcalde de Ares, Julio Iglesias, o Presidente da Peña de Ares Manuel Fernández "Choni", así como os ilustres visitantes Sandro Rosell, candidato, Jordi Cardoner Casaus e Pau Vilanova, no que expuxeron as suas ideas sobre cómo se levaría o FCBarcelona en caso de sais elexidos, e tamén o funcionamento da Area Social que nos afecta a nós: As Peñas.
Con posterioridade celebrouse unha cena de gala no Restaurante LITOS do Hotel Villa de Ares.
Por último, decir que Sandro Rosell e acompañantes viñan de celebrar a mediodía unha reunión coas Peñas de Castela León e o día seguinte marchaban cara Asturies para soster outra nova reunión, no seu desexo expresado nos medios de comunicación de falar con todos os barcelonistas españois.
Foron invitados a asistir no futuro as Xuntanzas que se celebren si saen elexidos.

NOTICIAS

  • O VINDEIRO DIA 27 DE XUÑO, SÁBADO, A PEÑA BARCELONISTA DO FISTERRA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO, E VAN ..., CUNHA FESTA NA PRAIA DO SARDIÑEIRO, ONDE ADEMAIS DO BO AMBIENTE CREADO POLO SEU PRESIDENTE JOSE VELAY E POLOS DIRECTIVOS, PARTICULARMENTE CARLOS, ARMARÁN UN FESTORRO A BASE DE SARDIÑAS, CHURRASCO E OUTRAS VIANDAS, BON VIÑO DO RIBEIRO E LOGO BAILE TODA A TARDE. DESEXAMOS OS QUE TEÑAN A SORTE DE ACUDIR A ESTA FESTA QUE O PASEN MOI BEN.
  • DIMITE O PRESIDENTE DA PEÑA BARÇA TUI MANUEL VAZQUEZ POR RAZONS PERSONAIS. DENDE ESTAS PAXINAS QUEREMOS AGRADECERLLE A SUA DEDICACIÓN TANTO A PEÑA COMO A COORDINADORA E DESEXARLLE MOITOS EXITOS PERSONAIS E PROFESIONAIS NA SUA ANDADURA. HASTA SEMPRE MANUEL.
  • Impulsada por el reconocido periodista DEMETRIO GONZALEZ MARTIN nace una web exclusivamente confeccionada y desarrollada para todas las Peñas barcelonistas del mundo. En ella pueden publicarse las noticias de los actos que se programen por las Peñas y por el FCBarcelona, con noticias también puntuales del Club, de sus partidos, de sus fichajes, etc. Tiene varias secciones destacando entre ellas las de Colaboraciones que, en el futuro, permitirá diseñar el camino de las peñas. La web es http://www.penyesblaugrana.com y en este blog se ha creado un vínculo para acudir directamente a ella. A visitarla y disfrutarla.
  • A PEÑA BARCELONISTA ARESANA, da localidade de Ares (A Coruña) será a organizadora da XX XUNTANZA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS no ano 2010. .
  • A PEÑA BARCELONISTA DE O GROVE AGRADECE A TODAS AS PEÑAS BARCELONISTAS A AXUDA QUE LLE PODAN OFRECER PARA PALIAR OS DANOS SUFRIDOS NO LOCAL SOCIAL POLAS INUNDACIÓNS RECENTES. A CONTA DE AXUDA É A SEGUINTE 2100 1838 58 0200009035. AGARDAMOS QUE TODAS AS PEÑAS COLABOREN A REFLOTAR OS AMIGOS DE O GROVE.
  • TELEFONO DE ATENCION OS BARCELONISTAS 902 1899 00

COORDINADORA DE PEÑAS BARCELONISTAS GALEGAS